martes, 7 de septiembre de 2010

DESCARGA DE FOTOS

Unha vez tida a reunión de finalización de Campaña de Verán 2010 e revisadas as máis de 15.000 fotografías que temos nos nosos arquivos de tódalas actividades que fixemos perante este verán, revisadas unha a unha e descartadas:
- As fotografías dos rapaces de integración.
- As fotografías dos rapaces cuios pais non asinaron a autorización.
Procedemos a informar que nestes días están sendo remitidos os accesos para que poidan ser descargadas as ditas fotografías. Para elo é necesario que no mail que foi recibido en compostela@vidalactea.es contivera a clave do acampado e a quenda na que participou como acampado.
Daquela, terán un prazo de 20 días para descargar as fotografías.
Agradecemos a paciencia que tiveron os pais e comunicamos que todos terán as fotografías desexadas, sin excepción e unha vez cumpridos os requisitos que no seu día se informaron. Sentimos que o servizo non fora coa inmediatez oportuna pero teñen que comprender que o noso traballo principal é estar cos rapaces e que visionar tantas fotografías por parte dos directores non é tarefa fácil.
Un cordial saúdo.

sábado, 7 de agosto de 2010

Último día. 3...2...1... a actuar !!!!

E chegou o último día do campamento. Despois dunha semana de castings, ensaios e máis ensaios, obradoiros de manualidades e moito esforzo chega o día no que os rapaces representan os diferentes contos no pobo de Portomarín. Cheos de ilusión e con moitas gañas estan preparados para dar o mellor de si e facer que a xente que se achegue entre nun mundo de ensoño: o mundo dos contos.
Seguro que os rapaces coas suas actuacións rouban o sorriso de máis dunha persoa do publico :)

viernes, 6 de agosto de 2010

ARRIBANDO LLEGAMOS VOLANDO

Botavara, orza, proa, popa, escorar, barlovento, sotavento, trasluchar... cantas cousas aprendemos e que ben o pasamos en vela. Fixemos unha gran travesía, de 45 minutos aproximadamente, polo río Miño ata a desembocadura do río Loio. Bañámonos, saltamos, aprendemos a reflotar un veleiro... Esperando voltar a facelo!!

Despois de seis días de moito traballo preparando os persoaxes do conto que imos a representar e facendo verdadeiras obras de arte para decorar o esceario con papel maché, levantamos o telón en Portomarín.

Mañá, sábado 7 de agosto, podedes asistir o mellor espectáculo do mundo na rúa Fraga Iribarne o redor das 19h.

ESPERÁMOSVOS!!

regreso da acampada!


Despois de moitos días de estarmos nerviosos ó final onte fomos de acampada!! logo dunha cansa camiñata na que puidemos desfrutar das paisaxes dos arredores de Portomarín, facendo unha parada técnica para coñecermos as diferenzas entre as distintas castes de vacas!
Logo de chegarmos a Loio, fixemos un abraiante roteiro na procura das ruínas dun mosteiro a carón dun fermoso regato!! pola noite tivemos unha velada moi divertida onde o pasamos moi ben á luz da lúa máis das lanternas!

saudos.

jueves, 5 de agosto de 2010

A FÁBRICA DE SOÑOS CONTINUA


O campamento segue e con el, as actividades. Hoxe puidemos deslizarnos sobre a auga cos kayaks, subir nos lombos dos cabalos, xogar aos xogos dos nosos avós, aprender a compartir e a empatizar cos demais mediante un xogo no que se fomenta os valores e a convivencia pero... o día ainda non rematou!! Hoxe é un gran día, vámos de acampada!!

Mañá xa vos contaremos todo o que aconteceu con pelos e sinais. Ata daquela, moitos bicos familia

lunes, 2 de agosto de 2010

Viento en popa y a toda vela!!

Tras las despedidas de los queridos padres, ayer muchos niños quedaron tristes al ver que no los verían en la próxima semana. Esta mañna las caras eran totalmente diferentes, sonrisas, bromas... así que queridos padres vueswtros hijos están totalmente distraidos y disfrutando unos días inolvidables para ellos.
Hoy al ser el primer día completo dividimos a los niños en diferents grupos para que realizaran los diferentes deportes como vela. senserismo acuático, bicicleta....
aun nos queda la tarde y seguro que será otra aventura diferente.


Prontno recibiréis más noticias de los vuestos hijos.

Atentamente, Portomarín.