lunes, 26 de julio de 2010

FÁBRICA DE CONTOS

Mañá é o gran día, chegan os contos a Portomarín. Levamos dende o día 22 creando os nosos propios contos para poder mostrarllos a esta vila, tanto os seus veciños como os peregrinos que se atopen na zona.
Debido a un cambio importante na programación, as representacións témolas que adiantar as 17.30h, ainda que as 17.00h amosaranos unha parte da súa obra "Ultreiamundi" os participantes do campo de traballo de Palas de Rei.
Esta semana traballamos os seguintes contos:
  • Gullibert
  • Os tres contos marabillosos
  • Brancaneves
  • O Principiño

Menuda acampada!


Bos días familia! Onte a noite pasamos unha velada inesquecible. Foi a nosa noite de acampada e fixemos unha morea de actividades divertidas.

Comezamos cunha ruta a pé de 5 Km dende o albergue. Na ruta atopámonos con moitos peregrinos porque coincide cun tramo do Camiño de Santiago e con eles, compartimos as nosas experiencias. Unha vez chegados o lugar da acampada fixemos moitas cousas diferentes: montamos as tendas, fixemos unha fantástica camiñata para visitar as ruinas do monasterio de Santa Mariña de Loio, vimos un ceo despexado cheo de estrelas e cunha lúa chea, xogamos e troulamos nun espazo natural incomparable.

Xa pola mañá, fixemos o camiñoa inversa. O albergue esperábanos para comezar con novas aventuras...

domingo, 25 de julio de 2010


Hoxe, noso quinto día, fixemos actividades novas.

Algúns de nós estivemos a facer unha ruta en bici, onde percorremos cachiños do Camiño de Santiago.

Outros adentrámonos de novo no río, para facer vela e disfrutar do estupendo día que facía.

Os que quedaban fixeron un percorrido de orientación, onde non todos sabemos actuar, pero con moito esforzo conseguimos o desexado.

De seguido un dos nosos grupos marchamos a hípica, onde, con toda a nosa ilusión admiramos a esos animais e pasámolo estupendamente dando un paseo enriba deles.

Outros, adentrámonos na vida dos nosos maiores facendo xogos tradicionais, onde puxemos a funcionar a noso maxín e diseñamos variantes dalgúns xogos.

O último grupo fixemos un xogo en valor, onde nos decatamos de que nos sempre se pode ter o que un quere.

Pola tarde imos ir montar as tendas para a acampada da noite.

Agora, nun anaco, imos adentrarnos no mundo dos soños, onde somos nos os que dominamos os contos.

Até o de agora non ocorreu nada máis, mañá mais e mellor!:D

jueves, 22 de julio de 2010

OS NOSOS PRIMEIROS PASOS...



Hoxe é o noso segundo día e xa fixemos unha morea de actividades. Atopamos moitos cangrexos de río, brincamos de pedra en pedra e nadamos moitísimo cando facíamos unha ruta de sendeirismo acuático moi divertida.


Algúns de nós tamén fixemos patinaxe. Nesta actividade aprendimos a facer equilibrios nun só pé, a agacharnos, a frenar e a dar grandes saltos.


Con kayak, xa entendimos eso do que tanto falan os monitores, "facer unha piña", para que nos entendades familia, traballar en equipo.

Xa pola tarde, adentrámonos no mundo dos contos, pero dun xeito especial, diferente; aqui nós somos os protagonistas.

E ata o momento, esto é todo o que vos podo avanzar. Mañá máis e mellor !!

miércoles, 21 de julio de 2010

BOS DÍAS.....


Benvidos de novo. Non acabaron de chorar os rapaces do anterior grupo cando xa empezan a entrar pola porta outras novas caras misturadas de medo e ilusión. A fábrica dos contos volve a poñerse a pleno funcionamento para acadar o mellor dos contos que se poden crear nun campamento: o sonriso dun neno.

lunes, 19 de julio de 2010

"que suba o telón"


Tarde de contos. Arropados polos peregrinos, pola xente do pobo de Portomarín, polos turistas, e incluso por algúns pais e nais, tivemos a posta en escea do noso traballo ó longo destes días. Se din que o actor vive do aplauso do público, nós podemos quedar ben tranquilos, pois arrancamos aplausos por doquier. As casiñas de Liliput, as machadas dos ananos de Brancaneves, os ovos e picos do Parrulo feo.. son tantas as cousas que creamos, e tan fermosas todas elas, que queda pena de ter máis tempo para seguir a facer moitas máis.

Sei que nos quedaron moitas cousas que contar da nosa aventura en Portomarín, pero nin aquí temos tanto espacio para describilas todas, nin se pode contar todo, pois hai cousas moi dificiles de explicar por nenos de 9, 10 ou 11 anos, coma a maxia dos contos entrando nas nosas vidas, a través dos nosos compañeiros de aventura, disfrutando das actividades...

sábado, 17 de julio de 2010

Hoxe estreamos !!!!!


Por fin chegou o día, despois de moito ensaiar e preparar nosos escenarios (verdadeiras obras de arte digna do Guggemheim) xa estamos preparados. Contamos con que todo saia ben, que a xente o pase de fábula e que nos aplaudan a raudais. Na praza principal de Portomarín, sobre as seis e media da tarde (isto o dicimos para os medios de comunicación ja ja ja).

Pero se estabades a pensar que só estamos a preparar os nosos contos, ides mal, pois onte no albegue tivemos unha noite de terror, maiordomos con candelabros, enterradores cos pás, estatuas de anxo no cemiterios... pero tamén tiro con arco, xogos en valor, hípica, BTT, bufffff, mellor volo contamos cando voltemos porque sería unha lista interminable.

viernes, 16 de julio de 2010

aventuras e contos


Andamos que non paramos: da hípica a BTT (ou se preferides, bicicleta todoterreo), logo ó kayak, máis tarde os xogos de valor, tamén os tradicionais, polo medio, orientación... pero o culme de tanta actividade está nos nosos contos. Os ensaios dislumbran que haberá grandes aplausos entre o público. Agora estamos a traballar no vestuario, ides a alucinar, xa veredes. O destacado de onte foi que para moitos de nós foi a nosa primeira acampada no monte, toda unha experiencia preciosa. Deixámosvos, porque temos moitas cousas que seguir preparando e outras moitas máis cas que disfrutar, pero xa volas iremos contando.

jueves, 15 de julio de 2010

Hoxe imos de acampada !

Esta mañá espertounos cedo un camiñante, tralo almorzo e divididos en grupos dirixímonos a facer actividades como unha ruta en bicicleta, hípica kayak, xogos de orientación e de valores. Hoxe imos de acampada, durmiremos en tendas e disfrutaremos da natureza. Mañá contarémosvos a nosa aventura. Un saúdo dende Portomarín

miércoles, 14 de julio de 2010

"...marabilloso..."


O tempo pasa voando. Pero aproveitamos cada instante ó máximo. Nestes días xa viñeron a erguernos da cama Alí Babá, Gulliver... Descubrimos as cinco frases máxicas para que o mago trouxese as nosas vidas grandes dosis de autoestima, percorremos fantasiosos tramos do camiño de Santiago atopándonos seres que nos contaron lendas, tivemos unha velada de relaxación ca música da auga e do propio silencio, pero o mellor de todo isto foi que o fixemos xuntos. O papel maché estanos a quedar precioso e a representación dos nosos contos estánse a preparar nos ensaios. E que non se me esquenza, por suposto que vimos a selección facerse campiona do mundo, menuda festa a que se montou aquí.

Parece mentira pero ó igual que os contos, a nosa aventura empeza a ter moitos personaxes... nós mesmos.

martes, 13 de julio de 2010






Aínda nin rematou a actividade e xa estamos a subir unha foto para que vexades o obradoiro da "fábrica do conto". Os distintos grupos estamos a facer co papel maché diferentes
obxetos para a nosa próxima función na praza de Portomarín.

lunes, 12 de julio de 2010

Erase unha vez..


Comenzaros os contos de Portomarín. Personaxes de contos clásicos apareceron nas nosas instalacións para convidarnos a contruir o noso propio conto estes días no campamento. Gulliver, Ali Babá, Brancaneves e os sete ananitos, O Parrulo feo... van a ser os nosos compañeiros de aventura.

Puxémonos man a obra e só neste primeiro día xa podemos contarvos que comezamos a deslizar cos patíns, surcamos cos kayak o encoro, andivemos polo río co senderismo acuático... Tamén aprendemos a facer os nós que nos axudan na seguridade das actividades, a xogar a un novedoso deporte chamado floorball, e sacar a nosa faceta máis expresiva cunha actividade que nos axudará na nosa próxima función na praza do pobo de Portomarín.

miércoles, 7 de julio de 2010

Rematando o campamento


Xa chegado o momento, hoxe tocanos facer a representación dos nosos contos. Despois de todo o campamento traballando durisimamente para este momento, pois tivemos que preparar guións, ensaiar e o máis complicado de todo foi ter que preparalo noso decorado co papel maché. Respírase no ambiente unha sensación de haber feito unha piña estes días no "País das marabillas" e algo de morriña por ter que voltar as nosas cidades. Non sen levar dentro de cada un de nós un pequeno conto que sucedeu estes dias no albergue Benigno Quiroga

lunes, 5 de julio de 2010

E HOXE DE CABALO...

Hoxe saímos fóra do albergue para facermos unha actividade nova, fomos a cabalo ou como lle chama un monitor: equitación. Esto consistiu en visitar un picadero onde nos ensinaron como se coidan os cabalos e logo nos derán un paseo neles.

A algún doíalle o cú, como á monitora Lidia, que baixou queixándose ao efecto, pero aos rapaces nada de nada e o pasaron moi ben.

Gracias a Mario, o dono dos cabalos, por darnos esta oportunidade. Tamén fixemos BBT antes pero non metemos foto porque este ordenador vai a paso pulga, e Xogo en Valores, algo así como comprender e aprender xogando, parecen cousas de maiores, pero non o son e son moi doadas.

domingo, 4 de julio de 2010

Os contos inundan noso campamento


"Os días van pasando e xa parece que nos coñecemos dende fai moito tempo, os monitores leváronnos ata a praza de Portomarín, alí xogamos como se fosemos peregrinos igual que Roland o foi no seu tempo... Os grupos de kayak, sendeirismo acuático e roller foron rotando e unha vez máis pasámolo pipa. Os partidos de floorball no patio, o nudo as de guía, as risas en expresión... Tanta actividade ábrenos o apetito e non deixamos nada nos platos na hora do comedor. Tamén comenzamos a traballar non nosos contos, eses que logo imos interpretar á xente do pobo... Dende logo este campamento é unha marabilla!!!

sábado, 3 de julio de 2010

Xa levamos dous días


Despois de dous dias no marabilloso mundo de Galicia no país das marabillas, xa vos podemos contar moitas cousas deste campamento. Comezamos a facer actividades moi chulas como é o senderismo acuatico, kayak,e incluso xa estivemos a patinar. Fixemos veladas moi espectaculares e divertidas. Comenzamos a traballar os propios contos para a representación nos derradeiros dias de campamento.

viernes, 2 de julio de 2010

¿Queredes que vos conte un conto?

Pois... érase unha vez que era un grupo de raparigos e raparigas dispostas a pasar unha nova e grata experiencia na que os contos toman o portagonismo e nos sumerxen nun mundo cheo de aventuras.



Érase unha vez que era un grupo de mozas e mozos dispostas/os a participar nunha nova experiencia na que a través dos contos nos poidamos sumerxer

Onte foi o noso primeiro día de campamento e aínda que algúns compañeir@s xa van bastante rodados nesta materia, para moitos outros esta vén sendo a nosa primeria experiencia fóra da casa.Aquí estámolo a pasar xenial, só pasaron unhas cantas horas pero xa temos amizade con moitos/as compañeiros/as.