EQUIPO

As nosas actividades son unha alternativa de lecer; programadas a través de proxectos moi estudados por un equipo de profesionais do lecer e do tempo libre.

Os nosos profesionais están formados no lecer e no tempo libre con titulación oficial da Xunta de Galicia, así como tamén conta con outras titulacións específicas en cada unha das súas áreas. Conformamos un Equipo de Intervención no Lecer e Tempo Libre en Galicia completo e compacto que leva xa moitos a nos colaborando: directores de actividades de tempo libre, monitores de actividades de tempo libre, directores de campos de traballo, axentes de viaxes, guías turísticos, filólogos, actores, artesáns, músicos, profesores de baile, topógrafos,…

O NOSO EQUIPO está composto por un Director de Programación, Director de Actividades Musicais, Director de Actividades Empresariais, Directora de Actividades Turísticas, Monitora de Actividades Artesanais, Monitora de Actividades da Cultura Galega, Monitor de Baile, Monitora de Lecer, Monitora de Manualidades, Monitor de Actividades Deportivas e na Natureza, Monitora de Actividades en Lingua Estranxeira, Topógrafo,…

Un equipo tan xunguido ofrece sobre todo calidade, sempre tendo moi claras as liñas de actuación: PLANIFICACIÓN, EXECUCIÓN E AVALIACIÓN son os principios básicos polos cales pasan tódalas nosas actividades, sendo cada un deles importantes por igual, sen primar un sobre o outro.

O EQUIPO DE PORTOMARÍN 2010 NO CAMPAMENTO GALICIA E O PAÍS DAS MARABILLAS ESTÁ COMPOSTO POR, ENTRE OUTROS:

- UN DIRECTOR CON MÁIS DE 10 ANOS DE EXPERIENCIA EN TEMPO LIBRE.
- DOUS ESPECIALISTAS EN ACTIVIDADES ACUÁTICAS.
- UNHA ESPECIALISTA EN PATINAXE ARTÍSTICA (CAMPIONA NACIONAL).
- UNHA TITULADA EN BELAS ARTES.
- DOUS DIRECTORES DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE QUE NA SÚA XENEROSIDADE FARÁN AS VECES DE MONITORES.
- E TODO UN EQUIPO DE PROFESIONAIS QUE DENDE HAI MESES ELABORARON ESTE ILUSIONANTE PROXECTO.