martes, 7 de septiembre de 2010

DESCARGA DE FOTOS

Unha vez tida a reunión de finalización de Campaña de Verán 2010 e revisadas as máis de 15.000 fotografías que temos nos nosos arquivos de tódalas actividades que fixemos perante este verán, revisadas unha a unha e descartadas:
- As fotografías dos rapaces de integración.
- As fotografías dos rapaces cuios pais non asinaron a autorización.
Procedemos a informar que nestes días están sendo remitidos os accesos para que poidan ser descargadas as ditas fotografías. Para elo é necesario que no mail que foi recibido en compostela@vidalactea.es contivera a clave do acampado e a quenda na que participou como acampado.
Daquela, terán un prazo de 20 días para descargar as fotografías.
Agradecemos a paciencia que tiveron os pais e comunicamos que todos terán as fotografías desexadas, sin excepción e unha vez cumpridos os requisitos que no seu día se informaron. Sentimos que o servizo non fora coa inmediatez oportuna pero teñen que comprender que o noso traballo principal é estar cos rapaces e que visionar tantas fotografías por parte dos directores non é tarefa fácil.
Un cordial saúdo.